Hello! Moi boas a tod@s!
Son o teacher Denís. Vou explicar agora para familias e alumnado
como imos a organizar a aprendizaxe de inglés na casa.
Xa que inglés é unha asignatura na
que temos 2 sesións semanais, agora e aproveitando que estamos na
casa podemos facelo un pouco diferente. Imos organizar o traballo
para dedicarlle 15 minutos diarios, e ademais aproveitar as dúas
sesións semanais.
POLO TANTO: 15 minutos ao día, unha
hora os martes e outra hora os xoves.
As actividades serán colgadas de golpe unha vez á semana, para facelo máis sinxelo para os que teñades
algunha dificultade coa conexión a internet.
As actividades serán voluntarias, de repaso e non avaliables.
Trataremos de activar coñecementos previos do alumnado e reforzar as destrezas
adquiridas.
PODEMOS GRAMPAR 10 FOLIOS PARA QUE TODO
O TRABALLO QUEDE RECOLLIDO XUNTO, OU PODEMOS IR FACENDO AS
ACTIVIDADES EN FOLIOS SEPARADOS E IR GARDANDOOS NA CARPETA DE INGLÉS.
Todos os días copiade a data.
Ademais haberá neste blog: actividades, fichas
adicionais e xogos para todos os que queirades máis.
Para a axuda das familias recomendo a consulta de calquer dúbida lingüística e de pronunciación de:
https://www.wordreference.com/
https://translate.google.com/
Calquera dúbida que teñades non dubidedes en poñervos en contacto conmigo mandando un correo a denis.perez@edu.xunta.es.Para a axuda das familias recomendo a consulta de calquer dúbida lingüística e de pronunciación de:
https://www.wordreference.com/
https://translate.google.com/
Podedes sacar fotos do traballo feito e mandalas ao correo denis.perez@edu.xunta.es, para facer un collage ou vídeo chulo para cando isto acabe.
Un saúdo e moito ánimo!!
Comentarios
Publicar un comentario